Plugins que resolven problemas concretos do teu negocio

Desenvolvemos plugins para WordPress que se instalan na túa web en minutos e automatizan tarefas do día a día. Sen plataformas externas nin comisións ocultas.

Pon seguridade no teu WordPress

Calquera web WordPress

Moitas webs WordPress están expostas sen sabelo: inicios de sesión sen límite, a listaxe de usuarios visible para calquera a través da API e o XML-RPC aberto. Revisámolo e pechámolo todo nun só pack.

  • Límite de intentos de inicio de sesión contra ataques de forza bruta
  • Listaxe de usuarios oculta (API REST /wp-json e ?author=)
  • XML-RPC desactivado
  • Cabeceiras de seguridade HTTP e versión de WordPress oculta
  • Editor de ficheiros do escritorio desactivado
99 €* pagamento único

*IVE non incluído

Quero o pack

SeatPress

Restaurantes

Reservas para restaurantes na túa web WordPress con garantía de pagamento para evitar os no-shows. Se o cliente cancela tarde ou non se presenta, aplícase a penalización que ti decidas.

  • Formulario de reservas na túa web
  • Garantía de tarxeta con Stripe
  • Sen comisións por reserva, desde 30 €/mes
Ver SeatPress

Desenvolvémolo á medida para o teu WordPress

Se o teu negocio necesita unha funcionalidade que non atopas, cóntanolo e propoñémosche unha solución.

Falar por WhatsApp